Monday 13 de May de 2024

Máis de 30 persoas aprenden en Ordes a educar aos seus cans


Máis de 30 persoas participaron no día de hoxe no curso teórico-práctico de adestramento canino básico, organizado pola Asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade e polo Departamento de Medio Ambiente do Concello de Ordes. Durante todo o día na escola unitaria de Merelle (Ordes) impartíronse clases teóricas e prácticas sobre cachorros e a súa aprendizaxe, e tamén sobre os problemas máis habituais desta etapa.
Ana Soneira, edil de Medio Ambiente do Concello de Ordes, tivo ocasión de comprobar de primeira man o desenvolvemento das clases e intercambiou impresións cos asistentes e cos demais organizadores. Os profesionais do Centro de Formación Montegatto foron os encargados de impartir as clases e sesións, que contaron con moi boas críticas por parte dos participantes.